XA FALTA MENOS

2010-03-23

Golpes (400)

2009-10-25

Para tentar facer un filme de nenos ou sobre os nenos temos que ollar para un mestre do cine que os retratou coma ninguén soubo facer: François Truffaut. O director francés deixou en películas coma Os catrocentos golpes ou O pequeno salvaxe unhas imaxes latentes da infancia dificilmente alcancables. Así que, mellor, aprendemos de el:

«Cando se filma con nenos o público non pode evitar dar un sentido simbólico a todo o que fai un neno. En canto vemos a un neno facendo algo en particular na pantalla, miramos atrás, deica a nosa propia infancia, e parécenos que o que fai este neno estano a facer todos os demais. […] Un sorriso dun neno na pantalla e xa está todo gañado. Sen embargo, precisamente o que salta á vista cando se observa a vida é a gravedade do neno en comparación coa futilidade do adulto. Por eso creo que que é máis real filmar non só os xogos dos nenos senon tamén os seus dramas, que son grandísimos e que non teñen nada que ver cos conflitos entre os adultos.

Nunha película, os actores adolestentes aportan unha pureza extraordinaria que non sempre se conquire dos actores profesionais; se algunha parte da trama ou do diálogo é ridícula, danse conta inmediatamente e non se privan de decilo. O realizador ha de ter a suficiente modestia e astucia para utilizar esa franqueza e este sentido do real, modificar tal ou cual detalle que se requira e adaptar o personaxe ao xove actor no canto de forzalo a convertirse artificialmente no personaxe. Unha película de nenos debe de facerse coa colaboración dos nenos, xa que o seu sentido da verdade nunca os abandoa cando se trata de cousas naturais; nunha escea de clase, por exemplo, saben perfectamente que o ruido das plumas no tinteiro é primordial.

Curiosamente, semella que todo o que fai un neno na pantalla faino por primeira vez. Este doble sentido, este equilibrio entre o feito en particular e o seu valor xeral fai especialmente valiosa á película que rexistra facianas xóves en transformación.

Por eso, despois de vinte anos, non me cansei de rodar con nenos; por eso adicareilles aínda máis películas nos próximos anos

François Truffaut

Só agardo cos meus xogos de nenos se acheguen durante un chisco aos do mestre francés. Somentes un chisco.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/s77hCJwrosM" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

DEZ MINUTOS MÁIS VELLO

2009-06-09

Ten minutes older é o título dunha curtametraxe dirixida por Herz Frank en 1978. Rodada nun único plano secuencia, e nunha única toma, retrata os rostros duns nenos que contemplan unha obra de monicreques na que se representa unha loita entre o ben e o mal. O seu título fai referencia a un dos nenos, que experimenta, en dez minutos, todas as emocións que repetirá ao longo da vida: alegría, emoción, medo, pena. Con só dez minutos de duración, está considerado un dos momentos cume do cine documental.

Aquí non importa que se representa, ninguén lle dá importancia. A expresividade do rostro alaga a pantalla de xeito poucas veces vista, aténdese a unha lóxica pura cinematográfica: a cámara fronte ao rostro. Dez minutos máis tarde, ao saír da sala de cine, os espectadores seguían comentando o rostro do neno da película de Herz Franz.

Quizá por isto, a esencia primixenia do cine reside en Ten minutes older.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/BesHd0TN3Ok" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

O certo é que levaba tempo detrás desta curta, exantamente dende que coñecín o filmes que a homenaxeaban: Ten minutes older – The trumpet e Ten minutes older – The cello. En ámbalas dúas cintas, algúns dos máis grandes directores de cinema (Erice, Godard, Kaurismaki…) dirixen curtametraxes cunha duración darredor dos dez minutos onde fan a súa particular interpretación do Tempo.

Especialmente xenial é a curtametraxe dirixida por Víctor Erice: Alumbramiento. Unha obra mestra do cinema.


[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/lI0DLj3Acac" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

http://www.tenminutesolder.com/

http://www.mad-actions.com/mad-movies/cortisssimos2.htm

XOGOS DE NENOS

2009-06-02